miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Medio centenar de incidencias foron atendidas esta madrugada polo 112

Medio centenar de incidencias foron atendidas esta madrugada polo 112
Medio centenar de incidencias foron atendidas esta madrugada polo 112

Lugo foi a provincia máis afectada co maior número de intervencións debido ás dificultades que se atoparon moitos condutores para continuar ruta

O 112 Galicia rexistrou esta madrugada medio cento de incidencias provocadas pola acumulación de neve, caída de árbores e en menor medida xeo en varios puntos da rede viaria principal e secundaria da Comunidade.

Con diferencia, Lugo foi a provincia máis afectada co maior número de intervencións debido ás dificultades que se atoparon moitos condutores para continuar ruta en diversos puntos das seguintes estradas: A-6 ao paso polo Corgo, onde quedaron parados varios camións e Pedrafita do Cebreiro en ambos os dous sentidos da circulación. 

De feito, nestes puntos, segundo informa a Garda Civil de Tráfico mantense o nivel amarelo pola aparición de nevadas. Tamén chegou a activarse o nivel vermello na LU-636 (Sarria-Becerrea) do km 21 ao 30 e na LU-633 (Pedrafita do Cebreiro-Alto do Hospital) del km 0 ao 21.

Igualmente, houbo problemas na LU-530 en A Baqueriza, no tramo Lugo-A Fonsagrada e no Cerredo; na LU-701 no Acevo, no límite da Fonsagrada con Asturias, Barbeitos; na LU- 721 entre Baralla e o Cádavo; na LU-730 na Fonsagrada; na LU-740, na LU-750 e LU-751, en Meira e Alto do Couso respectivamente. Neste puntos estivo traballando persoal de limpeza e mantemento da Axencia Galega de Infraestruturas.

Do mesmo xeito, contabilizáronse algunhas incidencias por mor da neve na PO-533 ao paso por Lalín.

Ademais, convén sinalar que a este medio cento de incidencias rexistradas durante esta madrugada hai que engadir outras tantas contabilizadas nas últimas horas do día de onte. 

Así, suman un total dun cento de incidencias provocadas polo episodio de meteroloxía adverso desde o aviso da Axencia Estatal de Meteoroloxía.

Comentarios
Lo más