miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Localizados tres ciclistas desaparecidos en Lobios

Localizados tres ciclistas desaparecidos en Lobios
Foto de archivo
Localizados tres ciclistas desaparecidos en Lobios

Coa posta en marcha do protocolo, mobilizáronse efectivos dun lado e outro da fronteira co obxectivo de dar canto antes co paradoiro dos tres deportistas portugueses que realizan unha ruta polo concello ourensán

A Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) activou o protocolo de cooperación transfronteiriza ARIEM 112 para coordinar o rescate de tres ciclistas de orixe portugués perdidos nas proximidades da Mina das Sombras, en Lobios.

Coa posta en marcha do protocolo, mobilizáronse efectivos dun lado e outro da fronteira co obxectivo de dar canto antes co paradoiro dos tres deportistas portugueses que realizan unha ruta polo concello ourensán. 

Deste xeito, nun primeiro momento, acudiron ao lugar membros do GES de Lobios e do Seprona da Garda Civil pola parte galega e os membros de Protección Civil de Vilareal pola parte portuguesa. Máis tarde incorporáronse máis patrullas da Garda Civil, efectivos do GES de Muíños e tamén brigadistas do distrito forestal da zona.

Mediante un reparto por zonas, adentráronse no espazo, caracterizado por ser un lugar escarpado, de difícil acceso e cunha complexidade engadida debido ás condicións meteorolóxicas adversas a causa da neve e a néboa.

Mentres tanto, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, onde se recibiu a primeira chamada de alerta ás 19:30 horas de onte, mantívose comunicación constante cos ciclistas, que facilitaron as coordenadas da súa localización a través do whatsapp. Non obstante, foron, precisamente, as condicións do terreo e a climatoloxía adversa o que dificultou o rescate.

Preto da unha desta madrugada, os medios de emerxencias deron cos ciclistas nas proximidades da Mina das Sombras, en territorio español. Para a súa evacuación servíronse do trazado dun regato seco como a forma máis rápida de chegar ao punto de encontro onde agardaban servizos sanitarios da parte portuguesa. Pese ao frío, aparentemente, o estado de saúde dos ciclistas parecía non revestir gravidade.

Comentarios
Lo más