Última función de 'Elisa e Marcela' no Salón Teatro
Hoxe, domingo 28 de outubro, ás 18:00 horas será a última función da obra no Salón Teatro da cidade.
'Elisa e Marcela', o espectáculo de A Panadaría en coprodución co Centro Dramático Galego (CDG), prográmase de novo no Salón Teatro de Santiago, onde xa fora representado con gran éxito hai un ano, tras desenvolver aquí unha residencia artística de 20 días.
A montaxe, que aborda a historia da voda entre dúas mulleres que tivo lugar na Coruña en 1901 como o primeiro casamento homosexual do que se ten constancia en España, seguiu a contar co acompañamento do público durante este ano de xira por numerosos escenarios galegos, ademais de obter múltiples recoñecementos nos Premios María Casares de Teatro, na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia e no Festival de Teatro Galego do Carballiño, entre outros.
Hoxe, domingo 28 de outubro, ás 18:00 horas será a última función da obra no Salón Teatro da cidade.