miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ferido grave o condutor dun turismo tras unha colisión en Carballo

Ferido grave o condutor dun turismo tras unha colisión en Carballo
Ferido grave o condutor dun turismo tras unha colisión en Carballo

Segundo confirmaron os efectivos de emerxencias alí desprazados, foi a única persoa ferida neste accidente

O condutor dun turismo resultou ferido grave a causa dunha colisión entre dous coches na AC-400, en Rus (Carballo).

O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso ás 11:30 horas desta mañá mediante a chamada de alerta dun particular que pedía asistencia médica urxente para o ocupante dun dos vehículos implicados, aparetemente afectado por lesións graves.

Así, desde o 112 Galicia, avisouse aos servizos sanitarios de urxencia que acudiron ao lugar do accidente a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago para a evacuación do ferido ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

Ademais dos efectivos do 061-Urxencias Sanitarias, o persoal do 112 Galicia informou da situación á Garda Civil de Tráfico e aos membros do servizo local de Protección Civil. Tamén interviñeron integrantes da Axencia Galega de Infraestruras para limpar a calzada e restablecer as condicións de seguridade.

Comentarios
Lo más