miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Accidentes encadeados en Viveiro

Accidentes encadeados en Viveiro
Accidentes encadeados en Viveiro

Nun primeiro momento, un coche bate contra un poste, que cae ao chan e causa un segundo accidente no que resultou un motorista

O 112 Galicia atendeu pouco antes desta medionoite dous accidentes encadeados no termo municipal de Viveiro. 

Nun primeiro momento, un coche bate contra un poste, que cae ao chan e causa un segundo accidente no que resultou un motorista.

Ocorreu na Ponte da Misericordia, segundo explicou o veciño que chamou ao 112 para pedir axuda. O ferido, sinalou, era un motorista que colisionou contra o poste tirado nun choque anterior. 

Para atender ao home, acudiu ao punto unha dotación do 061-Urxencias Sanitarias e desde o 112 informouse aos bombeiros da vila e aos membros do servizo local de emerxencias.

Comentarios
Lo más