Soledad Penalta ingresa hoxe na Real Academia Galega de Belas Artes nun acto en Noia
Soledad Penalta pronunciará o seu discurso de ingreso, titulado “Cal é a carga precisa da pegunta?”
A Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) celebrará hoxe sábado, día 27 de outubro, unha sesión extraordinaria pública no Teatro Coliseo Noela da vila de Noia, ás 18:00 horas, para a recepción do ingreso como académica electa na Sección de Escultura de Soledad Penalta Lorenzo (Noia, 1943).
Soledad Penalta pronunciará o seu discurso de ingreso, titulado “Cal é a carga precisa da pegunta?”, que será contestado en nome da Academia polo membro numerario da Sección de Arqueoloxía e Museoloxía da Real Academia Galega de Belas Artes, Felipe- Senén López Gómez.
A Real Academia Galega de Belas Artes, no seu proceso de actualización de prazas de académicos vacantes e co ánimo dunha maior representatividade en todos os ámbitos en relación coa creatividade, a investigación ou a divulgación do patrimonio cultural de Galicia, elixiu a Soledad Penalta en sesión ordinaria celebrada o día 26 de maio de 2018.
Traxectoria profesional
Trala súa infancia na vila natal de Noia, e cursar o bacharelato en Santiago, Soledad Penalta incia estudos de Química e Filosofía e Letras na cidade compostelá para finalmente optar pola súa vocación artística na Escola de Artes Aplicadas da Coruña. Graduada na especialidade de Cerámica, expande os seus estudos en Barcelona, co profesor Fernández Chiti e en La Bisbal, Xirona, en 1978 e 1979, data na que participa no Seminario de Estudos Cerámicos de Sargadelos, Lugo.
Outras modalidades da mesma parcela, como a majolica e os gres, en Altea, Alacante. Obtivo unha beca do Departamento de Industria de Galicia, traballou en Faenza, Italia, con Emidio Galasi e en Soutomaior, Pontevedra. En 1989 mudouse aos Estados Unidos e seguiu varios cursos en Minnesota.
Empezou a exhibir en exposicións colectivas, en A Coruña, en 1978, e particularmente na súa vila natal, en 1981. O seu traballo foi exhibido en cidades de Galicia e en exposicións itinerantes en diversas partes de España. Recibiu distincións en concursos en Galicia. O seu traballo é propiedade do Museo Bello Piñeiro de Ferrol e diversas institucións galegas. É autora dun monumento público en Porto do Son, e un traballo no museo ao aire libre situado preto da Torre de Hércules, na Coruña. Aínda que a obra cerámica deste artista é importante, a súa personalidade máis curva e definitiva está nas pezas de ferro, nas que ten absorbido os camiños que comezan en Gargallo e van ata Chillida.