miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Rianxo celebrará a súa V Carreira Popular Concello de Rianxo o vindeiro 1 de novembro

Rianxo celebrará a súa V Carreira Popular Concello de Rianxo o vindeiro 1 de novembro
Rianxo celebrará a súa V Carreira Popular Concello de Rianxo o vindeiro 1 de novembro

A carreira está integrada no III Circuíto de Carreiras Populares Arousa Norte, no VI Circuíto de Carreiras Populares da Deputación da Coruña

O vindeiro 1 de novembro disputarase a V Carreira Popular Concello de Rianxo, coa organización do Concello de Rianxo e a colaboración do Club Atletismo Rianxo.

A carreira está integrada no III Circuíto de Carreiras Populares Arousa Norte, no VI Circuíto de Carreiras Populares da Deputación da Coruña e no calendario da Federación Galega de Atletismo.

O percorrido, de 10 quilómetros, amosa as mellores paisaxes de Rianxo para que todos os participantes, sexan locais ou de concellos limítrofes, “gocen correndo á beira do mar, que sempre ten un encanto engadido” , trasladaba o alcalde, Adolfo Muiños, que tamén quixo resaltar a presenza da asociación Asociación Gallega de Heteroplasia Ósea Progresiva - ASPOH.

“Queremos dar visibilidade a esta asociación que nos acompañará neste día de festa deportiva para amosar o seu importante traballo con esta enfermidade rara, coa que se poderá colaborar mercando calquera dos seu artigos ou facendo donativos.”

A día de hoxe, hai preto de de 500 inscricións e agárdase acadar cifras semellantes as edicións pasadas, arredor dos 900 ou 1000 participantes.

As inscricións poderanse formalizar na páxina web emesports.es ata o próximo luns 29 de outubro a 23:59, así como consultar toda a información.

O alcalde, despedíase animando a todas e a todos os rianxeiros a que participen neste evento, sexa correndo ou como público, animando a todos os atletas participantes.

Comentarios
Lo más