O CRA Boqueixón-Vedra celebrou o Pasabodeghiñas 2018 nunha xornada única para os nenos
Onte venres, foi o gran día no que os veciños e veciñas da aldea de Ximonde, abriron as súas eiras para que as risas, os cantos e algarabía da xente miúda encheron os seus camiños
Un ano máis o CRA Boqueixón - Vedra "Neira Vilas" celebrou unha nova edición dos Pasabodeghiñas. Coa colaboración das familias en cada unha das seis escolas deste Centro traballan o proceso da vendimia, indo ás casas dos vecinos e familiares a apañar e a pisar as uvas.
Como fin do proxecto, os cento dez nenos, catorce profesores, celebraron o magosto nunha das parroquias nas que está situada unha das escolas do CRA, San Miguel de Sarandón, en Vedra.
Onte venres, foi o gran día no que os veciños e veciñas da aldea de Ximonde, abriron as súas eiras para que as risas, os cantos e algarabía da xente miúda encheron os seus camiños.
Ás 10:00 horas dou comezo a festa na Casa da Cultura da parroquia. A esa hora, chegaban dous autobuses con cinco das seis escolas para disfrutar en primeiro lugar da actuación dos Ghazafellos de Illobre conseguida pola ANPA a través da Deputación da Coruña.
De seguido, baixaron ata a adega de Cabaleiro na que degustaron dunhas quentiñas castañas asadas polo profesor Antonio e unha pequena lambetada que o seu anfitrión lles tiña preparada.
Antes de marchar, pasaron polas eiras que os veciños moi amablemente abriron ata chegará adega de González na que lles esperaban uns xogos populares que a "Asociación cultural S. Campio" puxo a súa disposición e mesmo degustaron unas roscas moi saborosas coa que os donos da adega lles agasallou.
Deste xeito, chegou ao seu fin o Pasabodeghiñas 2018, a primeira saída do CRA neste curso e taménma primeira experiencia das moitas que lles esperan aos nenos e as familias e as parroquias.