miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Modificacións do tráfico por mor da Carreira Pedestre do domingo

Modificacións do tráfico por mor da Carreira Pedestre do domingo
Modificacións do tráfico por mor da Carreira Pedestre do domingo

A saída da carreira de adultos está prevista ás 10.00 horas da avenida Xoán XXIII e a de nenos, ás 11.30 h dende o mesmo punto

Por mor da celebración da 41 Carreira Pedestre Popular o vindeiro domingo 28 de outubro, produciranse modificacións temporais no tráfico da cidade durante o transcurso deste certame deportivo.

A saída da carreira de adultos está prevista ás 10.00 horas da avenida Xoán XXIII e a de nenos, ás 11.30 h dende o mesmo punto. A competición rematará na praza do Obradoiro.

O concello roga aos cidadáns que na medida do posible non utilizar os seus vehículos na mañá do domingo, especialmente entre as 9:00 e as 14:00 horas, co obxecto de facilitar o desenvolvemento desta proba deportiva.

Como norma xeral, en todas as rúas do itinerario da Carreira Pedestre produciranse restricións no tráfico, que se levantarán unha vez que pasen os últimos participantes.

ITINERARIO DA CARREIRA PEDESTRE (ADULTOS):

Xoán XXIII, praza da Paz, San Caetano, Camiño Francés, rúa das Fontiñas, Concheiros, rúa de San Pedro, Porta do Camiño, Virxe da Cerca, Fonte de Santo Antonio, praza de Galicia, rúa Doutor Teixeiro, Ponte Castro, rúa da Rosa, Santiago de Chile, praza de Vigo, Rosalía de Castro, avenida da Coruña, avenida das Ciencias, avenida do Doutor Novoa Santos, avenida das Burgas, avenida de Compostela, rúa do Cruceiro do Galo, Pombal, Galeras, Salvadas, Santa Isabel, Vista Alegre, avenida de Castelao, praza da Paz, avenida Xoán XXIII, praza da Paz, rúa Pastoriza, Basquiños, Santa Clara, San Roque, Algalia de Arriba, praza de Cervantes, Preguntoiro, rúa do Castro, praza da Universidade, praza de Mazarelos, rúa do Cardeal Payá, Orfas, Toural, rúa do Vilar, praza das Praterías, Fonseca e praza do Obradoiro.

A carreira de nenos, que discorrerá por parte do percorrido anterior, tamén pasará polas rúas da Senra, Campo da Estrela, Porta Faxeira, avenida de Figueroa e Pombal.

Consellos para o tráfico de vehículos

Queda prohibido o estacionamento de vehículos na avenida de Xoán XXIII dende as 22:00 horas do sábado 27 de outubro, ata as 14:00 horas do domingo 28 de outubro.

Os vehículos que accedan á cidade polo norte poderán circular en sentido descendente pola avenida de Castelao, enlazando con Salvadas e Galeras e saíndo por Poza de Bar, San Lourenzo e avenida da Mestra Victoria Míguez (Vidán, estrada AC-543 a Noia) ou por Vista Alegre xirando cara ao Romaño.

Os vehículos que accedan á cidade a través da estrada de Santa Comba circularán obrigatoriamente a través de Salvadas e Galeras no mesmo sentido de dirección que os anteriores cara á estrada de Noia.

Os vehículos que desexen entrar ou saír da zona das rúas Hórreo, Gómez Ulla ou área de influencia destas, poderán circular polas rúas de Bernardo Barreiro, Sar e Ramón Piñeiro, enlazando coa avenida de Lugo.

O tráfico procedente das estradas de Noia (AC-543), Ourense (N-525) e Pontevedra (N-550) en sentido de dirección ao norte da cidade deberá utilizar obrigatoriamente a autoestrada AP-9 ou o periférico.

Deberá utilizar tamén a autoestrada AP-9 ou o periférico o tráfico procedente das estradas da Coruña (N-550) e Lugo (N-634 e C-547) que se dirixa ao sur da cidade.

Quedará dividida con valos a calzada no tramo que transcorre dende o cruce do Cruceiro do Galo polas rúas de Galeras, Salvadas, Vista Alegre e avenida de Castelao; tamén se dividirán as rúas de Santa Clara e San Roque, para facilitar o tráfico en sentido ascendente, que subirá por Santa Clara, Basquiños, Pastoriza cara a praza da Paz; tamén se dividirá a calzada no tramo de Rosalía de Castro entre a praza de Vigo e a avenida da Coruña, e esta última entre Rosalía de Castro e Feáns, de forma que quedará habilitado para a carreira o carril de subida e o de baixada para permitir o acceso e saída dos aparcamentos da zona. 

Comentarios
Lo más