miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Chuvascos nun sábado de baixada de temperaturas

Chuvascos nun sábado de baixada de temperaturas
Chuvascos nun sábado de baixada de temperaturas

En Compostela a mínima estará nos 8ºC e a máxima acadará os 12ºC

A xornada do sábado quedará marcada polo vento intenso do norte que achegará aire frío e húmido. 

Con esta situación, agárdase unha xornada de chuvascos, máis probables e intensos canto máis ao norte, onde poderán vir acompañados de sarabia e aparato eléctrico. 

A cota de neve situarase nos 1000-1200 metros durante o día e descenderá aos 700-800 metros pola noite. 

As temperaturas descenderán, especialmente as máximas. En Compostela a mínima estará nos 8ºC e a máxima acadará os 12ºC.

Os ventos soprarán fortes no litoral e moderados con refachos fortes no interior.




Comentarios
Lo más