O Concello de Ames modifica o regulamento da Rede municipal de comedores escolares e dalle máis peso á situación de ocupación dos pais e nais
O pasado xoves 25 de setembro tivo lugar o pleno ordinario do mes de outubro no que tamén se aprobaron outras ordes do día
A Corporrción municipal aprobou, entre outras ordes do día, a modificación do regulamente da Rede municipal de comedores escolares, "Bos días cole" e "Tardes divertidas". A modificación consiste en vincular as prazas ocasionais á dispoñibilidade de prazas de usuarios que utilizan o servizo menos de cinco días á semana. Tamén se modifica o baremo de puntuación dándolle máis peso á situación de ocupación dos pais e nais.
Ademáis doutros temas, saiu adiante por unanimidade a adhesión ao convenio de colaboración entre os Concellos de Ames, Brión, Muros, Noia, Outes, Porto do Son, Rois e Santiago para a delimitación do itinerario cultural do Camiño Inglés a Santiago de Compostela da ría de Muros-Noia. O obxectivo é acadar o recoñecemento desde Camiño como ruta histórica e a súa declaración oficial como Camiño de Santiago.
E por unanimidade tamén se aprobou a adhesión á Asociación de entidades locais pola lingua galega.
Ó final presentáronse dúas mocións por vía de urxencia: a primeira, da man de Ames Novo, solicitanado a constitución dunha sociedade mercantil municipal de servizos; a segunda, da man do BNG de apoio ás persoas denunciadas por reclamaren a devolución do Pazo de Meirás. Solo a segunda foi aprobada e acordouse expresar o apoio ás persoas que o pasado 30 de agosto de 2017 participaron nunha acción pacífica e simbólica de ocupación do devandito Pazo, co obxectivo de recuperar un patrimonio que debe ser do pobo galego.