miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A Xunta renova o Servizo de Xestión de Bens Decomisados posto en marcha pola Fundación Galega Contra o Narcotráfico

A Xunta renova o Servizo de Xestión de Bens Decomisados posto en marcha pola Fundación Galega Contra o Narcotráfico
A Xunta renova o Servizo de Xestión de Bens Decomisados posto en marcha pola Fundación Galega Contra o Narcotráfico

En poco máis de dous anos recaudaronse cerca de 150.000 euros

Onte levouse a cabo a renovación do convenio entre a Xunta de Galicia e a Fundación Galega Contra o Narcotráfico para a continuación do Servizo de Xestión de Bens Decomisados. Este servizo funciona pola colaboración da FGCN co Colexio de Procuradores de A Coruña que actúa como depositario dos bens.

Fai pouco que o Servizo de Xestión cumpreu dous anos e neste tempo obtivo case 150.000 euros pola subasta de bens mobles. Este traballo permite aos xulgados a desentenderse dunhas tarefas alleas ao seu labor e a que os bens non perdan valor mentres se espera a que se decida sobre eles. Según a Xunta, lógrase "unha óptima xestión dos bens mobles incautados, evitando a súa depreciación".

A maoría dos bens cos que se traballa son vehículos pero tamén con material tecnolóxico. Cando os xulgados consideran oportuno contactan coa Fundación que lles remiten os bens muebles e, unha vez concedida a autorización xudicial, saen a subasta a través de unha plataforma web.

Según Manuel Couceiro, presidente da Fundación Galega Contra o Narcotráfico, o traballo empeza a ser recoñecido por todo o país pero aínda queda moito traballo de difusión


Comentarios
Lo más