Catro persoas feridas nunha colisión múltiple en Vilaboa
09:29 26/10/18
09:29 26/10/18
No accidente víronse implicados tres coches.
Catro persoas resultaron feridas leves, entre eles menores, nunha colisión na que se viron implicados tres coches a pasada tarde en Vilaboa. Segundo puido saber o 112 Galicia, o accidente tivo lugar na intersección da N-550 coa N-554, ao fío das 19:50 horas. Unha dotación do 061-Urxencias Sanitarias xa estaba en camiño e desde o 112 Galicia púxose a situación en coñecemento da Garda Civil de Tráfico, de Protección Civil de Vilaboa e dos Bombeiros do Morrazo e de Pontevedra.