miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Camiño ás baixas presións

Camiño ás baixas presións
Camiño ás baixas presións

En Compostela a temperatura mínima acadará 9ºC e a máxima será de 19ºC

O venres Galicia queda nunha zona de transición entre o anticiclón que se retira cara ao Atlántico norte e as baixas presións situadas no Mar do Norte que enviarán unha fronte fría ao final do día. 

Con esta situación, amenceremos cos ceos con nubes altas e co avance da xornada chegarán as nubes baixas polo litoral norte que deixarán chuvias pola noite na metade norte da Comunidade. 

As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas baixarán especialmente na metade norte. En Compostela a temperatura mínima acadará 9ºC e a máxima será de 19ºC.

O vento soprará de compoñente norte, en progresivo aumento ata quedar, ao final do día, moderado no interior e forte no litoral.

Comentarios
Lo más