miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Ministerio de Sanidade recoñece a boa práctica clínica da xerencia da área sanitaria de Santiago

O Ministerio de Sanidade recoñece a boa práctica clínica da xerencia da área sanitaria de Santiago
Foto de arquivo
O Ministerio de Sanidade recoñece a boa práctica clínica da xerencia da área sanitaria de Santiago

O proxecto premiado analiza o emprego da e-consulta para a abordaxe da dor crónica non oncolóxica.

A xerencia da área sanitaria de Santiago recolleu no Ministerio de Sanidade o título que recoñece como Boa Práctica do Sistema Nacional de Saúde a Abordaxe coordinada entre atención primaria e hospitalaria da dor crónica non oncolóxica. Esta distinción, outorgada dentro da Estratexia para a Abordaxe da Cronicidade na súa convocatoria de 2017, facilita a replicación da experiencia noutros centros do Sistema Nacional de Saúde e incorpora un enfoque innovador que mellora a calidade asistencial a todos os niveis.

A experiencia premiada consiste na análise implantación en 2016 da e-consulta de Dor Crónica non Oncolóxica no centro de saúde de Noia, e que actualmente está xa implantada en toda a área sanitaria. A e-consulta permite a consulta electrónica entre profesionais de atención primaria e hospitalaria, concretamente da Unidade de Dor. O obxectivo desta iniciativa é mellora a calidade da asistencia sanitaria prestada aos doentes, nomeadamente após esgotaren outras ferramentas terapéuticas.

Tras o estudo realizado, a e-consulta revelouse como un proceso resolutivo que aporta visibilidade ás patoloxías, garante seguridade sanitaria e aforra tempo e custes ao posibilitar unha rápida resposta. 

Comentarios
Lo más