miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O PSdeG presenta as emendas aos orzamentos da Xunta para 2019 en relación a Santiago

O PSdeG presenta as emendas aos orzamentos da Xunta para 2019 en relación a Santiago
Foto de arquivo
O PSdeG presenta as emendas aos orzamentos da Xunta para 2019 en relación a Santiago

Os voceiros do PSdeG no Parlamento e no Concello presentaron as emendas dos socialistas aos orzamentos da Xunta para Santiago, que elevarían a 43 millóns de euros a partida destinada á cidade.

O voceiro socialista parlamentario, Xoaquín Fernández Leiceaga, e o seu homólogo municipal, Paco Reyes, expuxeron en rolda de prensa as emendas que van presentar aos orzamentos da Xunta en relación a Santiago de Compostela. Ambos os voceiros cualificaron os orzamentos de "pobres e decepcionantes" e consideraron que poñen a guinda a unha "década perdida" para a cidade por culpa do Partido Popular. Neste sentido, Fernández Leiceaga afirmou que a única intervención importante realizada pola Xunta nestes anos foi a variante de Aradas, que "resulta insuficiente para unha cidade como Santiago"

As emendas presentadas polos socialistas inclúen actuacións que elevarían a partida adicada a Santiago en máis de 18 millóns de euros, de maneira que a cidade recibiría máis de 43 millóns. Algunhas destas actuacións contempladas nas emendas foron enumeradas por Reyes, e estarían relacionadas coa EDAR, a capitalidade, o Consorcio, o parque comarcal de bombeiros, a construcción de vivenda protexida, a ampliación do Conservatorio de Música, a nova Escola Oficial de Idiomas, o Plan Director do Hospital de Santiago, o novo Centro de Saúde de Conxo, a escola infantil de Santa Marta, a residencia de maiores de Fontiñas, aparcadoiros disuasorios e instalacións deportivas entre outras cuestións.

Comentarios
Lo más