CxG mantuvo unha xuntanza coa Asociación Hostelería Compostela
A xuntanza xirou sobre as principais demandas da Asociación
A dirección local Compromiso e a directiva da Asociación de Hostelería de Santiago veñen de manter unha xuntanza na que, entre outras cuestións, falouse sobre a moratoria hoteleira na Cidade Vella, e o impacto dos apartamentos turísticos ilegais; a necesidade de reformulación do Plan Especial de Protección e Rehabilitación Integral, que afecta á mesma zona; e da proposta municipal da ordenanza sobre terrazas e da efectividade da ordenanza de ruídos.
Xoán Bascuas, candidato a alcaldía, valorou a xuntanza como moi positiva e pide máis implicación por parte do Concello: “ O goberno debe lembrar o valor do diálogo cono ferramenta de traballo e buscar unha solución consensuada, e con garantías xurídicas, para as distintas demandas do sector hosteleiro e hoteleiro”. De igual modo, reivindícase un plan específico para a Cidade Vella tal e como reclaman desde a Asociación.