miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O PSOE sinala culpable á Xunta da xudalización dos concursos de transporte sanitario

O PSOE sinala culpable á Xunta da xudalización dos concursos de transporte sanitario
Foto de archivo
O PSOE sinala culpable á Xunta da xudalización dos concursos de transporte sanitario

Julio Torrado lamenta o abandono por parte da Consellería de Sanidade

Responsabilizouse hoxe á Consellería de Sanidade de ter "xudicializados" os concursos de trasporte sanitario. O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado indicou a actitude "soberbia" da Xunta en relación a esta situación que provoca dúbidas sobre a atención sanitaria.

Julio Torrado sinalou a prevaricación na concesión de ambulancias, por un importe de 121,6 millóns de euros, que foi para unha empresa que sabía das especificacións antes de abrir o procedemento. Recordou tamén a denuncia que se atopa actualmente no xulgado por exceso de peso das ambulancias e as consecuencias que pode supoñer na seguridade. Finalmente referiuse á anulación da adxudicación dos helicópteros do 061 por parte do Tribunal Administrativo de Contratación despóis de detectar irregularidades. Torrado criticou a pasividade da Xunta de Galicia sobre este tema.

O portavoz socialista quixo recalcar a inseguridade e incertidume que esta situación lle provoca aos traballadores sanitarios que se atopan no medio de empresas e Xunta e de "mercadeo" de concesións. Avisou desta difícil situación de cara ao período invernal e a campaña da gripe xa que considera que hai que ter dispoñibles todos os recursos necesarios antes de que acontezan os problemas.


Comentarios
Lo más