miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Sentenza do TSXG anula a adxudicación irregular dunha praza docente no concurso de traslados

Sentenza do TSXG anula a adxudicación irregular dunha praza docente no concurso de traslados
Sentenza do TSXG anula a adxudicación irregular dunha praza docente no concurso de traslados

A praza tería sido creada e adxudicada irregularmente co obxectivo de integrar na función pública galega á cuñada da Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditou unha sentenza que anula a creación "ad hominem" e a adxudicación dunha praza na Escola de Restauración de Bens Culturais de Pontevedra no concurso xeral de traslados do ano 2016. A persoa beneficiaria da praza sería a cuñada da Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella.

Segundo informa o sindicato CIG-Ensino, entidade que presentou o recurso ante o tribunal, a sentenza cualifica a adxudicación da praza como "torcida actuación" da Xunta para integrar a esa persoa na función pública galega a través da creación dunha praza docente dunha especialidade que non se imparte en Galicia e que xerou trastornos no reparto das materias entre os diferentes departamentos da escola. Asemade, o tribunal criticou o nepotismo e a falta de transparencia da Consellaría de Educación.

Os feitos reproducidos na sentenza remóntanse ao ano 2014, cando se pretendeu incorporar irregularmente esta mesma persoa a unha listaxe de interinos, medida truncada debido ás reclamacións das persoas prexudicadas. Posteriormente, no concurso xeral de 2016, foi creada e adxudicada a praza anulada por esta sentenza, que só pode ser recorrida perante o Tribunal Supremo.

Comentarios
Lo más