miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Novo derrubamento no Gil Casares denunciado por CCOO

Novo derrubamento no Gil Casares denunciado por CCOO
Foto de archivo
Novo derrubamento no Gil Casares denunciado por CCOO

O sindicato esixe investir no mantemento mentres permaneza aberto ao público

Un novo derrubamento que tivo lugar no Hospital Gil Casares foi denunciado pola sección sindical de CCOO-Sanidade no Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela. Aínda que nese intre había xente traballando na zona, non houbo que lamentar danos persoais. Mentres esté funcionando, CCOO demanda investir no centro hospitalario para que non aconteza ningunha desgraza.

O sinistro produciuse na tarde do mércores 24 de outubro, momento no que caeu parte do teito da planta baixa do hospital nunha zona de paso do persoal, non de uso frecuente, pola que se accede a un ascensor interno que leva a medicina interna e cuidados paliativos. 

O Gil Casares ten os días contados dentro da ampliación do Clínico e a construcción da nova Facultade de Medicina. Aínda así, mentres esté aberto ao público, o sindicato non ve lóxico que se consinta a súa deterioración. O punto do teito que caeu xa presentaba un burato, polo que o sinistro era previsible según indica CCOO.

Este deterioro estructural vai unido a outras deficiencias de acondicionamento. Moitas queixas refírense o mal funcionamento da climatización da planta de psiquiatría que obliga aos doentes a amantarse nesta unidade.

Comentarios
Lo más