miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A Plataforma de Mina Touro - O Pino Non rexeita os actos vandálicos relacionados coa mina

A Plataforma de Mina Touro - O Pino Non rexeita os actos vandálicos relacionados coa mina
A Plataforma de Mina Touro - O Pino Non rexeita os actos vandálicos relacionados coa mina

A plataforma veciñal Mina Touro – O Pino Non reixeta este tipo de feitos, que en nada "benefician á intensa labor de loita contra a mina que levamos desempeñando desde hai xa máis dun ano"

A parroquia de Loxo, en Touro, amenceu onte con diversas pintadas contra a mina, tanto en mobiliario público como en inmobles de titularidade privada. 

A plataforma veciñal Mina Touro – O Pino Non reixeta este tipo de feitos, que en nada "benefician á intensa labor de loita contra a mina que levamos desempeñando desde hai xa máis dun ano", aseguran. 

Actos como o desta noite non representan o xeito de defender un proxecto "devastador" para as vidas e o entorno de Touro aseguran dende a Plataforma.

Desde o inicio o obxectivo da Plataforma foi evitar que a Xunta de Galicia aprobe un proxecto mineiro destrutivo, "nunca fomentando a división veciñal nin o ataque ás empregadas e empregados das empresas afincadas nos terreos da antiga mina, por eso non imos permitir que feitos como os acaecidos esta noite danen e ensombrezan a imaxe da plataforma, e permaneceremos vixiantes para evitar que se volvan a repetir, condenándoos públicamente as veces que sexa necesario", afirman.

Comentarios
Lo más