Aparece o corpo dunha persoa flotando na Ponte da Pasaxe da Coruña
10:47 24/10/18
10:47 24/10/18
O corpo quedou a disposición dos axentes co fin de poder aclarar as circunstancias do suceso
Os bombeiros recuperaron esta noite o corpo sen vida dunha persoa que apareceu aboiando na auga na Coruña.
Foi un particular quen ás 21:30 horas de onte deu conta do suceso mediante unha chamada ao 112 Galicia. A partir de aí, estableceuse un operativo de rescate en Ponte Pasaxe, no que participaron os bombeiros da cidade en coordinación con Salvamento Marítimo e as forzas e corpos de seguridade nacional e local.
Unha vez rescatado, o corpo quedou a disposición dos axentes co fin de poder aclarar as circunstancias do suceso.