miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O SERGAS cambia de criterio sobre a eliminación da figura do pediatra e aproveita para sacar novas prazas públicas

O SERGAS cambia de criterio sobre a eliminación da figura do pediatra e aproveita para sacar novas prazas públicas
O SERGAS cambia de criterio sobre a eliminación da figura do pediatra e aproveita para sacar novas prazas públicas

Sanidade realizou a maior oferta de prazas MIR dos últimos anos cun total de 404

O pasado luns este medio recollía a denuncia da Confederación Estatal de Sindicatos Médicos de Galicia no que acusaron á Xunta de "traición" ao actuar dunha maneira "unilateral" e sen contar coa opinión dos profesionais ao incluír na lei de acompañamento dos orzamentos autonómicos do 2019 a figura do "facultativo especialista de pediatra de área".

Segundo o propio sindicato, a creación desta figura médica ambivalente supoñerá "un prexuízo para a calidade asistencial". Con este cambio por parte do SERGAS desparecerán as cotas establecidas por área xa que os profesionais serán destinados á atención primaria ou a hospitalaria en función da demanda do momento e sen "contar cunha planificación previa".

Onte á tarde, o propio SERGAS emitía un comunicado para decidir retirar a proposta para a creación da nova categoría de pediatra de área incluida na disposición adicional da lei de medidas fiscais e administrativas que acompañan aos orzamentos da Xunta de 2019.

Sanidade adoptou esta decisión logo da reunión que onte mantiveron os representantes do Servizo Galego de Saúde cos profesionais que participan no grupo de traballo de pediatría que se constituíu en 2017 para avaliar a atención pediátrica en Galicia.

"O departamento autonómico aposta por seguir avanzando conxuntamente en medidas de consenso para solucionar o déficit de pediatras que afecta ao conxunto dos sistemas de saúde", asegura a consellería nun comunicado emitido aos medios de comunicación. Neste sentido, continuará contando coas aportacións dos profesionais, co obxectivo de garantir e mellorar a calidade do servizo en tódalas áreas sanitarias .

NOVA OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO

No último trimestre do ano o Servizo Galego de Saúde aprobará unha nova oferta pública de emprego na que esgotará a taxa de reposición. Así o anunciou o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña no Parlamento de Galicia, onde detallou as melloras realizadas polo seu departamento en materia de recursos humanos.

Dende a Consellería de Sanidade estase a traballar para dar resposta aos actuais desafíos da atención primaria como son a cronicidade, o envellecemento poboacional e a dispersión xeográfica. Entre as iniciativas levadas a cabo tanto nesta lexislatura como na anterior, o conselleiro destacou as distintas ofertas públicas de emprego esgotando a taxa máxima de reposición.

Almuiña subliñou, na súa intervención, que o seu departamento priorizou nas últimas ofertas de emprego as categorías propias de atención primaria, como médico de familia, pediatra e enfermeiro especialista en enfermería familiar e comunitaria. Ao respecto, lembrou que o vindeiro 25 de novembro celebraranse as probas para cubrir 214 prazas de médico de familia. En total, no período 2012-2017 ofertáronse 1.358 prazas de médico de familia e persoal de enfermería.

O incremento das prazas MIR é outra das iniciativas sinaladas polo conselleiro, posto que este ano Sanidade realizou a maior oferta dos últimos anos con 404 prazas, aumentando a 105 as prazas para medicina familiar e comunitaria, 7 máis que en 2017.

O Sergas incorporou tamén unha política de flexibilización da idade de xubilación, permitindo aos profesionais continuar no servizo activo máis aló do cumprimento dos 65 anos en todas as categorías.

Ademais, o Sergas e os sindicatos asinaron, o pasado día 16, un acordo de modificación do pacto de selección de persoal estatutario temporal a efectos de facilitar que o persoal substituto de longa duración poida optar a nomeamento de interino e, ao mesmo tempo, poida acceder ao sistema de carreira ordinaria. Este acordo beneficiará a uns 1.500 profesionais.

Xunto ao incremento de prazas, o Executivo galego recuperou a paga extra de 2012, a suba do 1% das retribucións no 2016, a devolución do complemento específico adicional de xaneiro e febreiro de 2013, e procedeu á recuperación dos días de libre disposición máis os días adicionais de vacacións.

Comentarios
Lo más