miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Os Populares preguntan sobre as tarifas da escola infantil municipal de Meixonfrío-Salgueiriños

Os Populares preguntan sobre as tarifas da escola infantil municipal de Meixonfrío-Salgueiriños
Foto de archivo
Os Populares preguntan sobre as tarifas da escola infantil municipal de Meixonfrío-Salgueiriños

Os Populares consideran que si aínda non foron aprobadas as taxas, "deberíase ter unha data para levar a cabo a súa aprobación e para atopar unha solución as posibles consecuencias para os usuarios, xa que se levarían un tempo presentando o servizo, sen ter aprobadas as cantidades"

O Grupo Municipal do Partido Popular presentou este mes unha pregunta por escrito na que solicita información sobre se o Goberno de Compostela Aberta aprobou as tarifas pola xestión da escola infantil municipal de Meixonfrío-Salgueiriños antes de que o curso houbera comezado, tal e como é obrigatorio. Así mesmo, o grupo que dirixe Agustín Hernández esixe ao equipo Compostela Aberta que, de non ter ofrecido as tarifas a tempo, debería explicar porqué non se fixo tal como indica a normativa.

Os Populares consideran que si aínda non foran aprobadas as taxas, deberíase ter unha data para levar a cabo a súa aprobación e ter unha solución ás posibles consecuencias para os usuarios, xa se levarían un tempo presentando o servizo, sen ter aprobadas as cantidades.

O pasado mes de agosto, o Concello de Santiago formalizou, tras o oportuno expediente de contratación, o documento para a xestión da escola infantil municipal de Meixonfrío-Salgueiriños,por un importe de algo máis de 400.000 euros coa empresa SERMASA.

Nos pregos técnicos que rexen a licitación, e que forman parte do contrato, recóllese, entre outras, a obriga para o adxudicatario de ter que informar ás familias sobre as tarifas do servizo, así como asumir a xestión de cobro das citadas tarifas.

Unha vez comezado o curso escolar, o Grupo Municipal Popular non ten constancia de que se levara a cabo a aprobación das correspondentes tarifas por parte do Goberno de Martiño Noriega, unha mostra máis do desgoberno que caracteriza ao grupo de Compostela Aberta.

Os Populares remarcan que esta situación "está a xerar inseguridade xurídica, dado que non se entende cómo pode informar un concesionario sobre tarifas non aprobadas, nin levar a cabo a xestión do cobro dunhas cifras que non foron aprobadas, polo que aos usuarios non se lles pode esixir un pagamento de tarifas sen aprobar, tal como indica o disposto no RDLex 2/2004, do 5 de marzo, en relación co disposto na Lei 7/1985, do 2 de abril".

Comentarios
Lo más