Encontro folclórico de Sementes da arte na Casa da Cultura de Ordes
Os organizadores contaron coa colaboración da Federación Española de Agrupacións de Folclore, da Deputación da Coruña e do Concello de Ordes
Un bo número de veciños e veciñas non se quixeron perder o encontro folclórico organizado pola agrupación Sementes da arte. José Manuel Mira, concelleiro de Cultura, foi un dos asistentes.
O acto, que tivo lugar este sábado na Casa da Cultura de Ordes, contou tamén coa participación da A.C. de Veciños de Leira (Ordes), e dos grupos Os Santiaguiños (Boimorto). Para rematar organizouse unha gran foliada cos grupos Sarillo (Aiazo), San Martiño (Cerceda), Reiceiros (Ponte Carreira), Embruxo Gaiteiros (Leira), Folke Ruada (A Silva), Nunca é tarde (Tordoia), Camiño Real (Poulo), Xeitosos (Trazo) e Pandeireteiras das Encrobas Somos Nós (Ordes).
Os organizadores contaron coa colaboración da Federación Española de Agrupacións de Folclore, da Deputación da Coruña e do Concello de Ordes.