miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Todo listo para as Bike Series que se celebrarán este domingo en Ribeira

Todo listo para as Bike Series que se celebrarán este domingo en Ribeira
Todo listo para as Bike Series que se celebrarán este domingo en Ribeira

O concelleiro de Deportes Anxo Orellán, Eduardo Iglesias en representación da Asociación Arousa Neo e Juan Santos como presidente do Club Ciclista Os Saltamontes presentaron onte os detalles da carreira

As Bike Series que organiza a asociación local Arousa Neo arrancarán este domingo 28 de outubro coa primeira das tres probas de que consta esta iniciativa: a BTT de San Martiño, competición de 38 quilómetros de percorrido circular que comeza e finaliza no campo de fútbol A Trinidade de Oleiros.

O concelleiro de Deportes Anxo Orellán, Eduardo Iglesias en representación da Asociación Arousa Neo e Juan Santos como presidente do Club Ciclista Os Saltamontes presentaron onte os detalles da carreira.

Inscricións

Xa hai máis de 70 anotados a un día do peche de inscricións (pódense formalizar en www.galitiming.com ata a medianoite de mañá mércores, ben para as tres citas das Bike Series ou ben para esta individualmente).

A saída terá lugar ás 9.30 horas. O percorrido transita nun 90% por pistas de terra e rueiros de aldea e inclúe unha escalada pola serra do Barbanza na súa cara norte para adentrarse no val do Río Sieira e disfrutar despois dunha rápida baixada dende o cumio da Curotiña ata meta. O circuíto ten un desnivel positivo de 1.200 metros cadrados.

É obrigatorio o uso do casco e recomendable portar un bidón ou recipiente con líquido suficiente que permita chegar aos avituallamentos indicados. Tamén, levar teléfono móbil con batería e saldo

Dende a organización se destacou o novidoso dunha iniciativa moi demandada entre os afeccionados ao ciclismo de montaña, que solicitaban a celebración na comarca de certames de carácter competitivo especializados neste deporte.

As outras dúas carreiras que compoñen o circuíto son a BTT de Posmarcos (na Pobra o 4 de novembro) e o contrarreloxo de Portosín (en Porto do Son o 11 de novembro).

Comentarios
Lo más