Tres policías locais de Ribeira recibirán distincións por 25 anos de servizo no corpo
06:30 24/10/18
06:30 24/10/18
Trátase dos policías José Manuel Bretal Laranga, José Javier Outeiral Ares e María José Rial Martínez
Tres axentes do Corpo da Policía Local de Ribeira van recibir este venres 26 de outubro outras tantas distincións de honra na Academia de Seguridade Pública da Estrada.
Trátase dos policías José Manuel Bretal Laranga, José Javier Outeiral Ares e María José Rial Martínez, que veñen de cumprir un cuarto de século de servizo no corpo riveirense.
O acto de entrega está programado para as 12.30 horas e a el se prevé que acudan tamén acompañando aos condecorados tanto o alcalde como o concelleiro de Seguridade Cidadá e o xefe da Policía Local.