miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Denuncian a carencia de servicios educativos no barrio de Fontiñas

Denuncian a carencia de servicios educativos no barrio de Fontiñas
Denuncian a carencia de servicios educativos no barrio de Fontiñas

Os usuarios do centro CEIP Montes dos Postes veñen de remarcar a excesiva presión que se está a levar a cabo dende o Pazo de Raxoi cara aos pais e nais que teñen que levar aos seus fillos en vehículos privados

O Grupo Municipal do Partido Popular está a recibir numerosas queixas por parte do colectivo educativo do barrio de Fontiñas, que consideran que o Goberno de Martiño Noriega os ten sometidos ao abandono e ao desprezo das súas necesidades.

Numerosos representantes de pais de alumnos, responsables e traballadores dos distintos centros educativos desta área de Santiago non deixan de denunciar a carencia de servizos desta zona, unhas deficiencias que o Goberno de Compostela Aberta non se cansa de dicir que vai solucionar, pero que, nos tres anos do seu e mandato, nada ten feito ao respecto.

Os afectados manifestan estar cansos de “chamar ás portas do Pazo de Raxoi e non recibir máis que a calada por resposta”, o Grupo Municipal Popular puido escoitar, por exemplo, queixas dos usuarios que denuncian que, mentres a Xunta de Galicia case ten rematadas as obras ampliación do comedor escolar do CEIP das Fontiñas, o grupo de Goberno aínda non ten comezado a súa parte, algo completamente habitual no modo de traballar do membros de CA, situación esta que obrigará aos rapaces a soportar as molestias das obras durante máis tempo.

Así mesmo, o grupo que dirixe Agustín Hernández lembra que unha das demandas máis importantes do centro xa mencionado é a pasarela que unirá o área de educación Infantil coa de Primaria, neste momento no hai ningunha noticia do Goberno de Martiño Noriega nin do concelleiro de Educación, Manuel Dios, que, tal como mencionan os afectados, “sempre están a prometer pero ata de agora non se ve realidade”.

CEIP Montes dos Postes

Por outra banda, os usuarios do centro CEIP Montes dos Postes veñen de denunciar a excesiva presión que se está a levar a cabo dende o Pazo de Raxoi cara aos pais e nais que teñen que levar aos seus fillos en vehículos privados.

O Goberno de Martiño Noriega demostra, unha vez máis, ser capaz de arranxar un problema na cidade, polo que está a ser a propia Anpa a que busque unha solución axeitada, polo menos, para as horas nas que os problemas de aparcamento son máis significativos.

Así mesmo, o grupo que dirixe Agustín Hernández reclama que se realice o proxecto de renovación da rúa Atenas e reformular o acceso e o aparcamento na contorna do Pavillón Polideportivo das Fontiñas.

Cabe destacar que nos tres anos de Goberno de Compostela Aberta, a oposición xa presentou distintas iniciativas sobre as diferentes problemáticas que afectan ao barrio de Fontiñas, pero nada parece ser suficiente para que Compostela Aberta faga algo que mellore a seguridade e a calidade de vida dos veciños e usuarios deste emblemático barrio compostelán.

Comentarios
Lo más