miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Expertos de dez países participarán esta semana en Santiago no IV Seminario Resclima

Expertos de dez países participarán esta semana en Santiago no IV Seminario Resclima
Expertos de dez países participarán esta semana en Santiago no IV Seminario Resclima

O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia presentou onte o IV Seminario Internacional Resclima

O Auditorio de Galicia acollerá os días 26 e 27 de outubro o IV Seminario Internacional Resclima e o II Encontro da REAJA. Trátase dun foro organizado polo Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental da Universidade de Santiago e pola Rede Internacional de Pesquisadores em Educaçao Ambiental e Justiça Climática (REAJA), que conta coa colaboración do Concello de Santiago.

O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia presentou onte o IV Seminario Internacional Resclima, nunha rolda de prensa na que tamén participaron o presidente do Comité Organizador, Pablo Meira Cartea; a secretaria, Lucía Iglesias da Cunha; e o vogal Kylyan Marc Bisquert i Pérez. Xan Duro explicou que este congreso "reflexionará sobre a importancia de que o cambio climático sexa introducido como materia a tratar no sistema educativo, sobre todo no ensino secundario, para que os e as adolescentes sexan conscientes da complexidade do problema e da necesidade de introducir cambios nos hábitos de vida para transitar cara un mundo máis sostible". 

O edil lembrou que "o cambio climático é o gran reto deste século, e precisa unha resposta urxente que non se está a dar por parte de ningunha administración pública nin da sociedade no seu conxunto".

Nesa liña, o presidente do Comité Organizador do Seminario incidiu en que "o vínculo entre xustiza climática e educación ambiental é fundamental. Falamos de educación cívica, porque máis que un cambio tecnolóxico necesitamos un cambio social profundo para descarbonizar a nosa sociedade". Pablo Meira lembrou que Resclima "acrónimo de Respostas Educativas e Sociais ao Cambio Climático, é un proxecto do SEPA que se foi internacionalizando e que ten como obxectivo desenvolver o coñecemento pedagóxico e sociopedagóxico para abordar a crise do cambio climático e lograr chegar ao final deste século cun aumento de só 1,5 graos na temperatura do Planeta"

Expertos de dez países

O IV Seminario Internacional Resclima celebrarase os días 26 e 27 de outubro no Auditorio. A conferencia inaugural correrá a cargo da profesora da Universidad Veracruzana de México, Laura Odila Bello Benavides, e do asesor pedagóxico do Servizo de Educación Ambiental do Goberno Vasco, José Manuel Gutiérrez Bastida. Ambos falarán do cambio climático como reto para o sistema educativo.

Despois diso, e ao longo das dúas xornadas do Seminario, haberá diferentes sesións de comunicacións breves en torno a catro eixos temáticos: educación para o cambio climático no sistema educativo; comunicación do cambio climático e cidadanía; educación nas políticas de cambio climático; e educación para o cambio climático e xustiza ambiental. Nos diferentes relatorios participarán expertos de diferentes universidades do Estado como a Complutense de Madrid, a de Granada, a de Valencia ou a de Málaga; así como doutros lugares do mundo como México, Brasil ou Canadá.

Están previstas ademais dúas conferencias plenarias, unha delas a cargo de Marilia Andrade Torales Campos, da Universidade Federal do Paraná (Brail) sobre "Educación ambiental e cambio climático: a autonomía do profesorado para (re)pensar o curriculum da escola"; e outra con Jesús de la Osa Tomás, do Concello de Zaragoza, sobre "Saúde, cambio climático e educación". A conferencia de clausura correrá a cargo de Edgar Javier González Gaudiano, da Universidad Veracruzana de México, baixo o título "A educación como clave social para reducir a vulnerabilidade diante do cambio climático". 

Comentarios
Lo más