Case un cento de persoas celebraron o Día da Biblioteca en Ribeira
Os asistentes á biblioteca pública municipal pasárono en grande con esta actuación na que a artista galega puxo en escena o seu espectáculo “Raposadas”
Preto dun cento de persoas entre meniños e pais e nais celebraron o pasado sábado o Día da Biblioteca asistindo a unha función contacontos con Raquel Queizás.
Os asistentes á biblioteca pública municipal pasárono en grande con esta actuación na que a artista galega puxo en escena o seu espectáculo “Raposadas”, unha selección de contos populares de tradición oral en Galicia protagonizados por animais que se debaten entre o uso da forza bruta e o da intelixencia para a resolución de conflitos.
A actvidade estivo promovida polo Concello a través da Concellería de Educación coa colaboración da Xunta de Galicia e a Deputación Provincial da Coruña.
O día da Biblioteca conmemórase cada 24 de outubro dende 1997 por iniciativa da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, aínda que o Concello fixo cadrar a efeméride na fin de semana para facilitar a asistencia dos veciños.