Proxección de 'Mustang' na Sede Afundación de Santiago dentro do ciclo "Voces rotas"
Un total de catro filmes conforman este ciclo con entrada libre e gratuíta ata completar a capacidade
Afundación, a Obra Social de ABANCA, continúa co ciclo de cinema «Voces rotas» na súa sede de Santiago de Compostela (rúa do Vilar, 19) coa proxección, mañá hoxe 23 de outubro, a partir das 20:00 horas, do filme Mustang. A entrada é libre e gratuíta ata completar a capacidade.
Todas as películas que conforman este ciclo profundan e dan visibilidade a diferentes problemáticas, como o racismo, as guerras e o paro, e temas que afectan á sociedade na actualidade, como a inmigración, a relixión e a adopción.
Mustang (2015) é a primeira longametraxe de Deniz Gamze Ergüven. Tras un inocente xogo na praia xunto aos seus compañeiros de clase ao comezo do verán, a vida de cinco irmás orfas dunha pequena vila turca cambia radicalmente. A avoa e o tío deciden tomar medidas para garantir a virxindade das mozas e empuxalas ao matrimonio.
Este ciclo cinematográfico finalizará na Sede Afundación de Santiago de Compostela o vindeiro 30 de outubro coa proxección de Verano 1993.