miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O BNG de Oroso organiza un acto informativo sobre a situación da educación no concello

O BNG de Oroso organiza un acto informativo sobre a situación da educación no concello
O BNG de Oroso organiza un acto informativo sobre a situación da educación no concello

O BNG de Oroso quere avaliar dun xeito directo as demandas específicas que afectan aos centros escolares do municipio

O próximo xoves 25 de outubro, o BNG de Oroso vai celebrar un acto informativo sobre a situación do ensino no noso concello. O faladoiro, que terá lugar ás 19:30 horas no Centro Cultural Casas Nóvoa de Sigüeiro, porá de manifesto a situación actual dos diferentes centros educativos no concello de Oroso. Na charla contaremos con Isabel Fernández, do BNG de Oroso, Diego Boquete, Concelleiro do BNG no Concello de Oroso e Secretario Acción Sindical e Comunicación da CIG Ensino, e Olalla Rodil, deputada do BNG no Parlamento de Galicia.

O BNG de Oroso quere avaliar dun xeito directo as demandas específicas que afectan aos centros escolares do municipio, de maneira que se poidan poñer os medios necesarios para mellorar na dotación de persoal, infraestruturas, servizos e actividades, etc... de cada un de ditos centros. 

Dende o BNG de Oroso, pensan que compre dar resposta á inquedanza da nosa veciñanza sobre cuestións como a apertura de novas liñas en educación infantil e primaria ou a posibilidade de por en marcha o bacharelato no concello.

Dende o BNG de Oroso reafirman o compromiso cun ensino 100% público, galego e de calidade, amosando a nosa preocupación para que o Concello de Oroso dispoña das mellores condicións para o desenvolvemento educativo dos nosos nenos e nenas.

Comentarios
Lo más