Victoria límite do Peleteiro masculino contra O Barco de Valdeorras (74-78)
Para a vindeira semana o Peleteiro xoga en Montouto como locais, o domingo ás 19:00 ante o Porriño B
Primeiro partido de liga e saída longa a O Barco de Valdeorras para traer unhaa sufrida e a vitoria tras prórroga. Peleteiro presentaba as baixas de Fer Vicario e Sergio Furelos (nova incorporación) por lesión e con Antón Lodeiro e Mauro Durán como novas incorporacións.
Comezou moi ben o encontro, movendo ben o balón e atopando boas opción de tiro. A pesar da maior envergadura do equipo contrario pechaban ben o rebote e o equipo compostelá acadaba un parcial de 08-22 ao remate do cuarto.
No segundo cuarto cambiou totalmente o encontro. Os do Barco cambiaban a zona e xa non a deixarían ate o final do partido, polo que, cortou o ritmo e comezaron a perder fluidez en ataque e intensidade en defensa. Aínda o conxunto picheleiro contou cunha cómoda vantaxe, 28-40.
Tras o descanso o equipo seguía cometendo errores na lectura de xogo e non tiña paciencia para atacar a zona. Ademais, en ataque, os locais facían dano no rebote ofensivo e comezaban a anotar de tres puntos reducindo a diferenza a 2 puntos, 48-50.
No último cuarto seguiron co atasco en ataque e aínda que melloraban en defensa os locais xa colleran velocidade, apoiados polo seu público, para darlle a volta ao marcado e poñerse 3 puntos arriba a falta de 40”. Tras tempo morto, o Peleteiro errou a tripla para empatar pero presionaron a saída de balón e conseguiron roubar o balón e que chegase o balón a David Pazo que anotaba unha tripla a falta de 8”para irse a prórroga.
Na prórroga aproveitaron a inercia positiva e fixeron un parcial de inicio de 0-7 que nos dou tranquilidade para afrontar os minutos finais. Aínda así no último minuto os do Barco tiveron opcións de empatar o encontro pero unha boa defensa e con dous tiros libres sentenciabamos o partido.
Para a vindeira semana o Peleteiro xoga en Montouto como locais, o domingo ás 19:00 ante o Porriño B, un equipo chamado a estar nos postos de arriba da clasificación e nos esixirá maior concentración e intensidade.