Ribeira instalará unha gaiola de exercicios no piñeiral da Corna
A adquisición desta infraestrutura comporta un investimento de 6.966 euros
O Executivo de Ribeira deu luz verde a unha actuación destinada a instalar unha gaiola de exercicios no piñeiral situado da Corna, nas proximidades do río Esteirón na parroquia de Palmeira.
Trátase dunha instalación moi demandada polos veciños –especialmente pola xente moza– cunhas dimensións de 6,6x5,7x4 metros, feita en aceiro galvanizado e que consta de barras simples, escaleira inclinada, espaldeira, pórtico de aneis, barra de dominadas, escaleira horizontal, corda de trepa e barras triangulares.
A adquisición desta infraestrutura comporta un investimento de 6.966 euros e a empresa Mobipark será a encargada de subministrar e colocar o elemento recreativo.
Camiño en Esteirón
Ao fío desta noticia e en relación á proposición dun grupo presentada a pleno para que o goberno municipal realiza un estudo e posterior pavimentación dun camiño situado no rúa Esteirón, cómpre sinalar a inviabilidade da mesma ao estar enclavado dito vial en dominio público marítimo-terrestre.