Corte de tráfico para o remate das obras da avenida de Vilagarcía
A duración prevista das obras será de tres semanas
Hoxe luns 22 de outubro iníciase a segunda fase das obras da avenida de Vilagarcía, cunha duración prevista de tres semanas. Estes traballos finais implicarán os seguintes cambios na circulación:
- Non se poderá saír á avenida de Rosalía de Castro dende a praza de Vigo.
- Invértese o sentido de circulación deste carril de saída para poder acceder ao estacionamento e para enlazar coa rúa Nova de Abaixo.
- Os vehículos que queiran utilizar a carga e descarga existente da praza de Vigo deberán acceder a ela dende a rúa Santiago de Chile, ou ben accedendo polo carril que se inverte entrando dende Rosalía de Castro e dando a volta a toda a mazá polas rúas de Santiago del Estero, Frei Rosendo Salvado e Santiago de Chile.