miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Teñen as diferenzas de xénero unha base biolóxica?

Teñen as diferenzas de xénero unha base biolóxica?
Teñen as diferenzas de xénero unha base biolóxica?

A segunda Regueifa de Ciencia deste ano será o luns 22 ás 20.00 horas na Facultade de Ciencias da Comunicación

Na segunda Regueifa de Ciencia deste curso, a celebrar o luns 22 ás 20.00 horas en Ciencias da Comunicación, especialistas internacionais debaterán sobre en que medida o xénero é unha construción social ou biolóxica.

A existencia de roles de xénero complica moito a distinción de similitudes e diferenzas entre homes e mulleres de xeito natural. A interpretación social de ser home ou muller ten outorgado a cada persoa a súa función no mundo antes de nacer, e por iso hoxe faise complicado discernir que hai de biolóxico e que hai de cultural e aprendido no xénero. 

Dende a psicoloxía, moitos estudos se teñen centrado en investigar se esta distinción de roles se debe a diferentes aptitudes innatas ou, pola contra, se as desigualdades sociais son as que crearon estas diferenzas.

Partindo desta problemática, á pregunta ‘Teñen as diferenzas de xénero unha base biolóxica?’ defenderán o ‘si’ a investigadora da London School of Economics Rosalind Arden e o profesor de Psicobioloxía na Universitat de València Ferran Suay. No equipo do ‘non’ intervirán a escritora e xornalista autora do libro Inferior Angela Saini e a profesora de Investigación do ICMM-CSIC e membro da Comisión Muller e Ciencia do CSIC Pilar López Sancho.

Comentarios
Lo más