miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Máis de 2.000 sanitarios vacináronse contra a gripe unha semana antes do inicio da campaña

Máis de 2.000 sanitarios vacináronse contra a gripe unha semana antes do inicio da campaña
Foto de archivo
Máis de 2.000 sanitarios vacináronse contra a gripe unha semana antes do inicio da campaña

Por primeira vez, Sanidade ofreceu ao persoal sanitario a posibilidade de poñerse a vacina unha semana antes que a poboación xeral 

A Consellería de Sanidade ofertou aos profesionais sanitarios vacinarse unha semana antes do inicio da campaña para a poboación xeral. Un total de 2.051 profesionais sanitarios vacináronse entre o 15 e o 18 de outubro no marco desta actuación que Sanidade realiza por primeira vez nesta campaña 2018. Deste xeito, o persoal pode afrontar o inicio da campaña de vacinación xa protexido fronte a esta enfermidade, evitando o risco de transmisión da gripe aos seus pacientes.

Mañá se inicia a campaña de vacinación da gripe 2018 cun total de 608.000 doses. A Consellería de Sanidade conta con 900 puntos de vacinación repartidos por toda a comunidade: centros de saúde e hospitais da rede Sergas, centros sanitarios privados, residencias da 3ª idade e outros centros con residentes susceptibles de beneficiarse desta vacinación, centros penitenciarios, entre outros.

Un total de 56.320 persoas xa solicitaron a súa cita para acodir a vacinarse nos vindeiros días. Do total de citas solicitadas estes días, e observando os datos por áreas sanitarias, na de Coruña solicitáronse 10.800 citas para vacinarse da gripe; na de Lugo, 11.655; na de Ourense foron 9.688 citas solicitadas; na de Santiago 2.269; na de Vigo 12.116; outras 4.699 na área de Ferrol; e 5.093 citas solicitadas na área sanitaria de Pontevedra.

A campaña durará dez semanas (ata o 29 de decembro), polo que Sanidade lembra á cidadanía hai tempo suficiente para facela progresivamente. Neste senso, lémbrase á poboación que os vacinados en calquera momento da campaña estarán protexidos cando chegue a onda epidémica.

Comentarios
Lo más