miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Lolo Penas e Edymar Brea gañadores da XIX Carreira Pedestre Popular Concello de Ames

Lolo Penas e Edymar Brea gañadores da XIX Carreira Pedestre Popular Concello de Ames
Lolo Penas e Edymar Brea gañadores da XIX Carreira Pedestre Popular Concello de Ames

Na proba absoluta impuxéronse Lolo Penas e Edymar Brea cun tempo de 31:28 e 36:18 respectivamente

Máis de 1.400 persoas participaron este mañá na décimo novena edición da Carreira Pedestre Popular Concello de Ames. 

Na proba absoluta participaron uns 560 deportistas, mentres que na proba escolar correron arredor de 870 rapaces e rapazas. 

Na proba absoluta impuxéronse Lolo Penas e Edymar Brea cun tempo de 31:28 e 36:18 respectivamente. 

A carreira pedestre disputouse nun circuíto de 10 quilómetros homologado pola Real Federación Española de Atletismo, que discorreu pola contorna de Bertamiráns.

Esta proba está incluída no VI Circuíto de carreiras populares da Deputación da Coruña. A saída e a chegada estiveron instaladas na rúa Alcalde Lorenzo, ao carón da praza do Concello.

Comentarios
Lo más