Ceos soleados con temperaturas en lixeiro ascenso
08:07 21/10/18
08:07 21/10/18
En Compostela a temperatura mínima será de 14ºC e a máxima acadará os 23ºC
O domingo Galicia continuará baixo influencia anticiclónica, con ventos de compoñente leste,ó que hai que engadir unha entrada de aire cálido dende o sur.
Con isto, agárdase unha xornada de ceos pouco anubrados ou despexados en xeral, con nubes de evolución no sur da Comunidade.
As temperaturas estarán en lixeiro ascenso. En Compostela a temperatura mínima será de 14ºC e a máxima acadará os 23ºC.
Os ventos soprarán de compoñente leste frouxos en xeral, e moderados ao oeste da Coruña.