Xoan Bascuas, candidato para as vindeiras municipais por CxG
06:30 21/10/18
06:30 21/10/18
O xa candidato local de Compromiso agradeceu o apoio recibido e mostrou a súa disposición para facer un traballo positivo
Hoxe tivo lugar o remate do proceso de primarias da Agrupación local santiaguesa de Compromiso por Galicia. Ao haber un único candidato, o procedemento resolveuse pola vía interna.
O candidato único foi Xoán Bascuas, que contou co apoio do 59, 46 por cento dos avais. Unha vez chegado o momento da votación, os homes e mulleres da Agrupación local de Compromiso deron o seu apoio nun 94,44 por cento, namentres que o 5,55 restante optou polo voto en branco.
O xa candidato local de Compromiso agradeceu o apoio recibido e mostrou a súa disposición para facer un traballo positivo e construtivo para a cidadanía de Santiago.