Ferida unha persoa en Rois ao precipitarse dun galpón no cal traballaba
Segundo se lle informou ao 112 Galicia, ás 17:45 horas, o ferido, arranxaba un galpón anexo á súa vivenda, situada na parroquia de San Miguel de Costa, cando por motivos que se descoñecen, sufriu a caída
Unha persoa resultou ferida esta tarde no concello coruñés de Rois despois de precipitarse dende unha altura duns dez metros, aproximadamente.
Segundo se lle informou ao 112 Galicia, ás 17:45 horas, o ferido, arranxaba un galpón anexo á súa vivenda, situada na parroquia de San Miguel de Costa, cando por motivos que se descoñecen, sufriu a caída.
Ata o lugar, desprazouse un helicóptero medicalizado do 061. Tamén, a Garda Civil e os membros do GES de Padrón se desprazaron ao punto, nada mais ser alertados polo 112 Galicia.
O ferido foi trasladado polos servizos sanitarios de urxencia ata o centro hospitalario de referencia.