Choque entre dous vehículos en Barrantes
O ferido, puido ser evacuado polo persoal sanitario sen o uso do material de excarceración
Ao fío das 23:30 horas da noite pasada, o CIAE recibía a chamada dun alertante que informaba dun choque entre un vehículo lixeiro –sen permiso de condución- e outro turismo, no lugar do Pazo, na localidade pontevedresa de Barrantes. Advertía, ademais, da posibilidade de que o condutor do vehículo lixeiro puidese estar atrapado no seu interior.
Con estes datos, o 112 Galicia alertou decontado ademais de aos servizos sanitarios de urxencia, aos Bombeiros de Baixo Miño. Do mesmo xeito, informou da situación aos axentes de Tráfico e da Policía Local, Bombeiros de Vigo, GES da Guarda e aos efectivos de Protección Civil de Tomiño.
Finalmente, tras chegar ao lugar, os profesionais do parque comarcal do Baixo Miño confirmaron que non foi precisa a súa intervención. O ferido, puido ser evacuado polo persoal sanitario sen o uso do material de excarceración. Unha vez evacuado, os membros do GES procederon coa limpeza da estrada.