miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Paco Roncero: "El berberecho de Noia es un producto mágico y de calidad"

Paco Roncero: "El berberecho de Noia es un producto mágico y de calidad"
Paco Roncero: "El berberecho de Noia es un producto mágico y de calidad"

O famoso cociñeiro visitou o xoves os bancos marisqueiros do Testal, a lonxa, a depuradora e a vila de Noia antes de ofrecer unha Masterclass dentro das III Xornadas de exaltación do Berberecho

As III Xornadas de Exaltación do Berberecho de Noia abriron o pasado xoves as súas portas coa visita do famoso cociñeiro Paco Roncero, que esta mañá visitou os bancos marisqueiros do Testal, a lonxa, a depuradora e a vila de Noia. Roncero foi recibido no Concello de Noia polo seu alcalde, Santiago Freire Abeijón, e polo concelleiro de Cultura, José Pérez, que o acompañaron durante unha visita turística ao casco antigo noiés e ao Mercado de Abastos.

Roncero amosouse “muy agradecido de estar aquí. Como cocinero recibes el producto, decides si es bueno o malo y nos dedicamos a cocinarlo. Pero yo creo que es muy importante tener el conocimiento de como se cultiva. Es una experiencia muy bonita, el día es fantástico y lo he disfrutado mucho más”. O gañador do Premio Nacional de Gastronomía 2006 e posuidor de 2 estrelas Michelín explicou que “he podido estar con las mariscadoras en tierra y en barco. Es una labor dura y sacrificada. Y me ha gustado que desde la Cofradía cuiden perfectamente los calibres y que el berberecho de Noia sea de calidad, de tamaño... Todo esto repercute en la calidad del producto final y en el cliente que lo va a consumir”.

Francisco Roncero, que impartiu unha Masterclass na Sociedade Liceo de Noia, indicou que “como cocinero, poder tener un berberecho de calidad en mis manos es algo básico. Eso quiere decir que hay que tocarlo muy poquito a la hora de cocinarlo. Creo que es un producto mágico, que hay pocos productos a los que no hay que hacerles nada. El jamón y dos o tres más. Y productos de esta calidad hay que tocarlos muy poquito a la hora de introducirlos en la cocina. Cuatro cositas que hagan que sean diferentes pero es que el Berberecho de Noia ya de por sí es mágico. Sólo nos queda disfrutarlo”.

Promoción do berberecho

Pola súa banda, o alcalde de Noia explicou que as III Xornadas de Exaltación do Berberecho de Noia “buscan dar promoción y difusión a un producto de alto valor gastronómico y que tiene una trascendencia económica fundamental en una localidad como Noia y los concellos de la Ría de Muros-Noia, donde más de 1.200 familias viven vinculadas a esta actividad”. Freire Abeijón agradeceu o traballo da Confraría de Pescadores San Bartolomeu de Noia e dos concelleiros de Cultura, José Pérez, e Comercio, Mariola López, na organización destas xornadas.

“Hace dos años tuvimos la visita de los hermanos Torres, el año pasado de Alberto Chicote y este año contamos con otro cocinero de referencia como Paco Roncero, que de seguro nos ayudará a dar una proyección nacional al Berberecho de Noia”, explicou o alcalde noiés.

Paco Roncero é un vangardista culinario, posuidor de 2 Estrelas Michelín. É Chef Executivo e Director de NH Collection Casino de Madrid, La Terraza del Casino, dos gastrobares Estado Puro (Madrid e Shanghái), La Canica (México), Versión Original (Bogotá), Pata Negra (Cartagena de Indias) e Sublimotion (Ibiza). Premio Chef L´Avenir 2005, recibiu o Premio Nacional de Gastronomía 2006. Acumula 2 Estrelas Michelín e 3 Soles Repsol, en recoñecemento tanto á súa cociña comoa o especial coidado que pon en todos os detalles. É xuíz en Masterchef Colombia e Top Chef España, e ten escrito varios libros de cociña como “Tapas y gastronomía del s. XXI”, “Bocadillos y ensaladas”, “Tapas en estado puro” ou “Correr, cocinar y ser feliz”.

III Xornadas de exaltación do Berberecho de Noia

O sábado 20 de outubro, de 10:45 a 13:30 horas, a Casa da Cultura de Noia acollerá as III Xornadas Técnicas do Berberecho de Noia. A primeira ponencia, “A identidade de orixe xeográfica do berberecho galego: resultados proxecto Valober.gal”, correrá a cargo de Manuel Rey, doutor en Ciencias e catedrático de Bioquímica e Bioloxía Molecular da USC. Ás 12:15 horas, Juan Gómez Blanco, da Confraría de Pescadores de Noia, impartirá a ponencia “Modelo de gobernanza pesquería de berberechos e ameixas da Confraría de Pescadores de Noia. Recoñecemento internacional de Nacións Unidas FAO”.

De 13:00 a 13:30 horas terá lugar a entrega dos “Berberechos de honra”, acto que estará presidido pola conselleira do Mar, Rosa Quintana, e polo alcalde de Noia, Santiago Freire. Pola noite, a partir das 22:00 horas terá lugar a actuación do Grupo D´Moda.

As III Xornadas de Exaltación do Berberecho de Noia pecharanse o domingo 21 de outubro coa tradicional Degustación popular de arroz e empanadas con Berberechos de Noia, que terá lugar de 13:00 a 15:00 horas na carpa da alameda. Todas as persoas que participen doarán 1 euro por ración a beneficio da Cruz Vermella de Noia e Cáritas de Noia. Previamente actuarán o grupo folclórico Cherumia, que percorrerá o caso histórico e a alameda de 12:00 a 13:00 horas.

Comentarios
Lo más