Contacontos de Raquel Quizás en Ribeira
A actuación terá lugar a partir das 12 do mediodía, ten carácter gratuíto e está especialmente destinada a nenos e nenas con idades entre os 3 e os 12 anos
Con ocasión da celebración do Día da Biblioteca, este sábado 20 de outubro a instalación municipal sita na rúa Manuel Lustres Rivas, nº. 20, vai dar cabida a unha sesión contacontos con Raquel Queizás.
A actuación terá lugar a partir das 12 do mediodía, ten carácter gratuíto e está especialmente destinada a nenos e nenas con idades entre os 3 e os 12 anos.
Raquel Queizás pon en escena a proposta “Raposadas”, selección de contos populares de tradición oral en Galicia protagonizados por animais que se debaten entre o uso da forza bruto e o uso da intelixencia para a resolución de conflitos.
A actvidade está promovida polo Concello a través da Concellería de Educación coa colaboración da Xunta de Galicia e a Deputación Provincial da Coruña.
O día da Biblioteca conmemórase cada 24 de outubro dende 1997 por iniciativa da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, aínda que o Concello fixo cadrar a efeméride na fin de semana para facilitar a asistencia de aqueles que desexen acudir xunto cos seus cativos.