Xornada de ceos despexados en Compostela
08:02 20/10/18
08:02 20/10/18
En Compostela a mínima acadará os 13º e a máxima será de 20º
As altas presións continuarán un día máis estacionarias ao norte da península Ibérica, aportando estabilidade e ventos de nordés.
Deste xeito o ceo presentará nubes no norte e leste da Comunidade ao principio da xornada, tendendo a desaparecer pola tarde, cando os ceos estarán en xeral moi abertos.
As temperaturas continuarán sen cambios. En Compostela a mínima acadará os 13º e a máxima será de 20º.
Os ventos do nordés soprarán con intensidade moderada, acadando intervalos fortes no oeste da Coruña.