miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Agustín Hernández amosa a súa satisfación pola inversión da Xunta na cidade para 2019

Agustín Hernández amosa a súa satisfación pola inversión da Xunta na cidade para 2019
Agustín Hernández amosa a súa satisfación pola inversión da Xunta na cidade para 2019

O responsable do grupo Popular no Concello de Santiago salientou o importante esforzo inversor da Consellería de Infraestruturas que aporta uns 20 millóns de euros, destinados, sobre todo, á Estación intermodal, con case 13,4 millóns

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular de Santiago, Agustín Hernández, manifestou onte que “as contas do Goberno galego para o ano 2019 reflicten que a Xunta de Galicia é a única administración verdadeiramente comprometida con Santiago capital, algo que queda visualizado co incremento do orzamento, en relación a o 2018, en case un 50 por cento”.

“Os máis de 40 millóns de euros que aportará o Executivo autonómico a nosa cidade van permitir atender as principais necesidades da capital de Galicia”, subliñou Hernández, que remarcou tamén que, “en liñas xerais, estes orzamentos caracterízanse por a importante baixada de impostos e por tratarse dunhas contas que permitirán que Galicia siga crecendo máis que o resto do Estado”.

O responsable do grupo Popular no Concello de Santiago salientou o importante esforzo inversor da Consellería de Infraestruturas que aporta uns 20 millóns de euros, destinados, sobre todo, á Estación intermodal, con case 13,4 millóns; seguida da mellora de seguridade viaria e a integración paisaxística do Camiño de Santiago, que suporá un investimento de 5 millóns de euros e a variante de Aradas, que contará con case 1,5 M.

Pola súa banda, o departamento de Política Social da Xunta tamén soubo facer un esforzo en relación a Santiago, xa que, ademais de atender os distintos ámbitos da súa competencia, tamén levará a cabo un importante investimento na reparación, ampliación e mellora de escolas infantís, onde se inclúe a rehabilitación da escola Infantil de Santa Susana, dentro dunha partida xeral de máis de 2,1 millóns de euros, e ademais investirá 546.000 para a nova residencia de Maiores Santiago.

Xacobeo 2021

Agustín Hernández destacou tamén que a cercanía do Xacobeo 2021 é unha realidade para o Goberno galego, que aportará máis de 10 millóns de euros, tanto para a xestión do Plan Xacobeo, como para a Fundación Cidade da Cultura e para o desenvolvemento do novo edificio Fontán, situado na Cidade da Cultura. Así, para sufragar os gastos da capitalidade, o Goberno galego aporta tamén 2.325.00 euros.

No eido cultural serán moitas máis as aportacións do Executivo autonómico, destacando as achegas para o Consorcio, onde só para a promoción da música investirá máis de 2,5 millóns de euros. Pero a Xunta de Galicia tamén realizará un esforzo inversor na optimización do Complexo do Monte do Gozo; no Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC); e nas actividades da Axencia Galega da Industria Cultural.

Así mesmo, a Xunta investirá algo máis de 1 millón de euros nas obras de remodelación do edificio administrativo de San Caetano.

No campo da educación, o Goberno galego executará distintas acción, destacando sobre todo o investimento na reforma da instalación eléctrica BT no Politécnico e a ampliación do CEIP Lamas de Abade, que contará cun millón de euros.

Hernández tamén remarcou o orzamento do Goberno de Alberto Núñez Feijoó no eido da Sanidade, onde levará cabo distintas actuacións nos hospitais de Santiago e destinará máis de 1,5 millóns na nova facultade de Medicina, ademais de varias accións de reformas en centros de saúde da cidade de titularidade municipal.

Por último, o portavoz do Partido Popular remarcou que “estas contas demostran, unha vez máis, que a Xunta de Galicia está comprometida coa nosa cidade, non soamente coas infraestruturas mencionadas, senón que traballa para que santiago sexa a cidade que todos desexamos”

Comentarios
Lo más