miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Plan Único da Deputación inviste 340.000 euros na construción da traída de auga a Castrelos, Leira e Ardemil, en Ordes

O Plan Único da Deputación inviste 340.000 euros na construción da traída de auga a Castrelos, Leira e Ardemil, en Ordes
O Plan Único da Deputación inviste 340.000 euros na construción da traída de auga a Castrelos, Leira e Ardemil, en Ordes

As obras suporán un investimento de 339.788 euros, que serán financiados íntegramente a través do Plan Único (POS+2018) da Deputación da Coruña

O Concello de Ordes vén de publicar na Plataforma de Contratación do Estado o anuncio de licitación das obras de construción dunha rede de abastecemento de auga que dará servizo a Castrelos e a outros núcleos das parroquias de Leira e Ardemil, no termo municipal ordense.

As obras suporán un investimento de 339.788 euros, que serán financiados íntegramente a través do Plan Único (POS+2018) da Deputación da Coruña e suporán a canalización de preto de 13.000 metros de tubería de polietileno para ampliar a traída de auga municipal e levala a estes núcleos.

Trátase da obra con maior orzamento das cinco que, por importe global de máis de 1 millón de euros, financiará este ano o Concello de Ordes con cargo ao Plan Único da Deputación da Coruña, entre as que se figuran diversos proxectos de pavimentación e mellora de camiños municipais en Adina, Vilamaior, Montaos e na pista que vai da igrexa á estrada de Ponte Carreira.

Na comarca de Santiago, o POS+ 2018 inviste este ano 27,5 millóns de euros e financia un total de 125 obras. A Deputación da Coruña destaca a importante contribución deste novo plan á mellora dos servizos básicos nos concellos coruñeses e inflúen na calidade de vida dos veciños.

Comentarios
Lo más