miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Representación teatral do libro O VALO de Carlos Labraña en El Corte Inglés

Representación teatral do libro O VALO de Carlos Labraña en El Corte Inglés
Representación teatral do libro O VALO de Carlos Labraña en El Corte Inglés

A representación correrá a cargo da compañía Os Furabolos, Pablo Núñez no papel de Soldadiño de chumbo e Carlos Labraña, no de Sahara, o espírito do deserto

Hoxe sábado, día 20 de outubro, ás 18:00 horas, ó Salón de Ámbito Cultural de El Corte Inglés Santiago, acollerá a representación teatral do libro de Carlos Labraña, ‘O Valo’. A representación correrá a cargo da compañía Os Furabolos, Pablo Núñez no papel de Soldadiño de chumbo e Carlos Labraña, no de Sahara, o espírito do deserto.

O Valo. No medio dun deserto, que se estende ata onde alcanza a nosa mirada, un Soldadiño chanta unha bandeira e coloca un valo de arame xusto onde no seu mapa marca a fronteira. Do outro lado do valo, Sahara, un rapaz abandonado que foxe da guerra, trata de convencelo de que o deixe pasar, xa que está procurando un pozo onde poder saciar a súa sede. Xaora, sentados de costas, mirando as estrelas, Sahara e o Soldadiño comprenden que viven baixo o mesmo ceo e que só na procura dos seus soños atoparán a liberdade. “O valo” propón unha emocionante reflexión sobre a igualdade e a paz entre todas as persoas e comunidades.

Carlos Labraña naceu en Cedeira en 1969. Fundou en 1988 o Colectivo Garola, dedicado á creación e montaxe de pezas de teatro infantil. Con eles participou na escrita de varias pezas dirixidas ao público máis novo, das que podemos salientar: O segredo de Daniel e A escada, ambas as dúas gañadoras do Certame Xeración Nós. Recentemente, formou o grupo de teatro Os Furabolos, para levar á escena ás súas obras, e recibiu o Premio da Gala do Libro Galego 2017 na categoría de Teatro por Moito Morro Corporation, Sociedade Ilimitada (Galaxia, 2016).

Comentarios
Lo más