Liberan a un neno que quedou atrapado nunha cadeira dun bar en Vilagarcía
10:07 19/10/18
10:07 19/10/18
Os feitos tiveron lugar na rúa de Valentín Viqueira, uns minutos despois das 19:00 horas
Os servizos de emerxencia desprazáronse a pasada tarde á terraza dun bar en Vilagarcía na que un neno quedou atrapado nunha cadeira. Así, os Bombeiros de Vilagarcía liberaron ao meniño, que rematou encaixado na cadeira do local sen sufrir ningún tipo de lesión.
Os feitos tiveron lugar na rúa de Valentín Viqueira, uns minutos despois das 19:00 horas. Nese momento, unha persoa particular solicitaba a intervención dos bombeiros para liberar ao menor.
A partir de aí, os xestores do 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento dos Bombeiros de Vilagarcía, do 061-Urxencias Sanitarias, da Policía Local e de Protección Civil.