miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Éxito na presentación do "El Camino acaba en Obradoiro"

Éxito na presentación do "El Camino acaba en Obradoiro"
Éxito na presentación do "El Camino acaba en Obradoiro"

Tal e como remarcou o conselleiro de Cultura e Turismo, “os valores do deporte e os xacobeos invitan ao entendemento entre as persoas, a compartir xuntos as vitorias e derrotas, a compartir o camiño”

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, identificou os valores do deporte cos da Ruta Xacobea con motivo da preestrea da IV edición do documental El Camino acaba en Obradoiro, un traballo que recolle a viaxe realizada polo Camiño Portugués do ex xogador de baloncesto Aleksandar ‘Aza’ Petrovic e do seu fillo Marco. 

Este valores, segundo enumerou Román Rodríguez, son a importancia do esforzo e do compromiso, o compañeirismo, a inclusión, ou a “bandeira do equipo que, igual que a xacobea, é un símbolo que xunta ás persoas baixo un mesmo sentimento”. Tal e como remarcou, “os valores do deporte e os xacobeos invitan ao entendemento entre as persoas, a compartir xuntos as vitorias e derrotas, a compartir o camiño”.

Comentarios
Lo más